Antes a festa de Leiro celebrábamola na carreteira, onde hoxe está a parada do autobús. E alí tocaba a orquesta e todo. Antes a carreteira nacional non era como agora. Era máis estreita e pasaban moi poucos coches. Así que cando viña un coche, a xente deixaba de bailar, apartábanse e listo. Podían pasar un ou dous coches, non máis. Pasaba, e a festa continuaba. Aínda había quen paraba e botaba unha peza.
Os músicos repartianse para comer polas casas da parroquia. Así que igual viñan un ou dous comer na nosa casa. Agora, non pensedes que pasaba como nas películas. Viñan tocar e marchaban, ningún quedou namorado nin casou alí, e ninguén fuxiu cun músico.
Advertisements