A pasajera

IMG_1215

Hai tres noites, aínda soñei que collía a Pasajera. Eu collíaa de cando en vez.

A comezos dos anos 50, había unhas lanchas para pasaxeiros, que facían o traxecto entre Sada, San Pantaleón, e Miño. Chamabámoslle A Pasajera.

Cando chegas ao final do porto de Miño, hai unas escaleiras que baixan ás rocas. Aí quedan aínda unhas pedras do que fora o peirao da Pasajera, no Couce.

Había unha lancha grande e outra máis pequena, para cando a marea estaba moi baixiña.

A lancha grande tiña embaixo un compartimento tapado por un cristal, protexido da chuvia, con dous bancos de tres metros de largo.

As lanchas facían o seu percorrido tres ou catro veces ao día, dependendo da estación do ano. Ás seis da mañá, saía, e levaba xente de Miño a vender a Sada. Ás nove da mañá, colliámola para facer algunha xestión, ou ir á Ayudantía da Mariña, ou á Comandancia. Algúns mariñeiros ían pola tarde, ás catro, traballar na pesca do cerco, en Sada.

Hai catro quilómetros en liña recta entre Miño e Sada, e a Pasajera tardaba en facer o traxecto entre quince ou vinte minutos.

 

 

imaxes relacionadas:

 

c25-e1511541337907.jpg

c8-e1511541243753.jpg

C4

Advertisements

2 Comments

  1. Tamen recordó a Pasajera. Íbamos con niña nao a Sada cando non íbamos na lancha de meu pai. En Sada había Ayudantia de Marina. A Comandancia estaba ja Coruña

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s