A vida en Telle

telle

A vida en Telle sempre estivo moi ligada ás marismas.

A xente de aí recorda ir bañarse e xogar nos angüeiros. Os angüeiros son canais que levan a auga do mar entre os xuncais. Co bo tempo, a xente e cativada de Telle ía aí para bañarse, e moitas aprendían a nadar nese lugar. Ademais, a marisma era usada para cultivar marisco (ameixas). Contan as veciñas que tiñan horta de verduras e horta de marisco na marisma, e que todos os camiños e recunchos estaban traballados, cultivados e limpiños.

Había en Telle dous angüeiros, o Angüeiro grande e o Angüeiro pequeno. O grande aínda está, o pequeno levouno a autoestrada.

O Angüeiro pequeno chegaba ata a fonte. Onde está a fonte, estaba o lavadoiro. O lavadoiro de Telle era moi grande. Había un pilón grande e logo outro pequeno para enxugar a roupa. Pola canle que ía ao redor do lavadoiro, medraban unha herbiñas nas que ás veces a cativada apañaba anguías. Logo as comían ou as vendían súas nais.

Había tamén un lameiro no que os veciños lembran como ás veces quedaba unha vaca atrapada e enlodazada e tiñan que ir sacala.

Outros angüeiros nas marismas de Miño eran o Angüeiro da Fraga, o de Loios, ou a Cotorra.

Nas marismas tamén hai pozos. Está o pozo de Matacabalos, que disque era uns dos pozos máis profundos, onde a ría chega ao río, onde fai unha curva; e o pozo da ponte do pozo, onde está a ponte na que cruza o tren, en Bañobre.

En Telle nos anos 50 había 8 vacas. Collían o xunco para astrar as vacas, para facerlles as camas. Para collelo ían xuntas toda a pracería, que eran todas as veciñas ou representantes de cada casa. Cortaban os xuncos, e facían tantos montóns como casas (eran unhas 20 casas). Facían unha especie de xogo onde todas repartían eses montóns, cunha persoa de costas decidindo dun xeito azaroso que montón se adxudicaba a cadaquén.

Algúns deixaban as pilas de xunco no corral, e aí xuntabanse as mulleres a falar e a cativada a argallar.

Daquela a veciñanza axudábase moito nas tarefas de labranza, e aínda hoxe veciños e veciñas de Telle seguen facéndoo. Tamén foi a veciñanza a que construíu o actual parque xunto á fonte, engadindo terra no terreo que se lle foi comendo á marisma.

En Telle vivía a única redeira de Miño.

 

imaxes relacionadas:

angueiro F4

angueiro F6

telle 1954 boa

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s