O barqueiro

img_2183.png

Ata comezos dos anos sesenta, non existía a ponte entre Bañobre e a praia Grande, así que durante moitos anos, un barqueiro cruzaba á xente dun lado ao outro da ría.

Jarocho era de Bañobre e foi a última persoa en facer este traballo en Miño.

Cando eramos cativas, iamos camiñando até a praia, e de camiño, iamos pasando polas casas das veciñas todas, recolléndonos unhas ás outras. Se eramos todas pequenas, iamos acompañadas dunha tía ou de alguén maior.

Daquela, viñan moitas nenas de Ourense pasar o verán ao pazo de Bañobre, onde están as monxas. E tamén acostumaban baixar ata a praia a tomar os baños no mar, pois dicían que llelos recomendaban os médicos da cidade. Moi ben lles sentaban!

Cando estaba a marea baixa, a xente cruzaba a pé, e había quen tamén cruzaba dende a praia a Bañobre co carro das vacas, para ir lavar a roupa no lavadoiro da Prata. Tamén lembro cruzarmos, moitas veces, todas as cativas en fila, unha tras outra, polos pasos e polas pedras, cando estaba a marea baixiña. Sempre poñiamos as cousas na cabeza, e máis dunha vez, tennos caído a roupa ou as cousas.

Cando estaba a marea alta e querías cruzar, non había outra que agardar polo Jarocho, que andaba de este ou do outro lado coa súa lancha. Atopábalo falando con alguén, ou sentado arranxando calquera trebello, ou vendo como se achegaban as nubes pola ría.

¿Sabes como lles dicía o Jarocho ás señoritas que cruzaba, ás que viñan de Madrid, que viñan pra as monxas?

Señoritas, ustedes me pagaron la ida pero me deben la vida.

E coa vida, referíase á volta, quería falar o castelán mais enganábase.

 

imaxes relacionadas:

o barqueiro F19

 

 

 

Advertisements

1 Comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s