A vida en Telle

telle

A vida en Telle sempre estivo moi ligada ás marismas.

Iamos bañarnos e xogar nos anguieiros, que son os canais que levan a auga do mar entre os xuncais. Co bo tempo, a xente maior e a cativada, iamos aí a bañarnos, e moitas aprendemos a nadar nese lugar. Ademais, usabamos a marisma para cultivar marisco, sobre todo, ameixas.

Había en Telle dous anguieiros, o Anguieiro grande e o Anguieiro pequeno. O grande aínda está, o pequeno levouno a autoestrada. O Anguieiro pequeno chegaba ata a fonte. Onde está a fonte, estaba o lavadoiro. O lavadoiro de Telle era moi grande. Había un pilón grande e logo outro pequeno, para enxugar a roupa. Pola canle que ía arredor do lavadoiro, medraban unha herbiñas, nas que ás veces, de cativas, apañabamos anguías. Logo, comiámolas ou vendiámolas.

Había tamén un lameiro no que, de cando en vez, quedaba unha vaca atrapada e enlodazada, e tiñan que ir sacala entre varios, co adival.

Hai outros anguieiros nas marismas. Está o Anguieiro da Fraga, o de Loios, ou a Cotorra.

Nas marismas tamén hai pozos. Está o pozo de Matacabalos, que disque era uns dos pozos máis profundos, onde a ría chega ao río, que fai unha curva. E o pozo da Ponte do Puzo, onde está a ponte na que cruza o tren, en Bañobre.

En Telle, nos anos 50, había unhas oito vacas. Colliamos o xunco para estrar as vacas, para facerlles as camas. Para collelo, iamos xuntas toda a pracería, que eran todas as veciñas ou representantes de cada casa. Cortaban os xuncos, e facían tantos montóns como casas, e daquela, seríamos unhas vinte casas. Facíase unha especie de xogo para repartir eses montóns. Unha persoa, de costas, decidía ao azar que montón se adxudicaba a cadaquén. Nalgunhas casas, deixaban as pilas de xunco no curral, e aí, xuntábanse as mulleres a falar e nós a argallar. En Telle, vivía a única redeira de Miño.

Antes, moitas labores da labranza eran como una festa. Daquela, a veciñanza axudabámonos moito nos traballos, e aínda hoxe, veciños e veciñas de Telle seguimos facéndoo. O parque, xunto á fonte, tamén foi feito entre as veciñas e veciños, engadindo terra no terreo que se lle foi comendo á marisma.

 

imaxes relacionadas:

angueiro F4

angueiro F6

telle 1954 boa

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s