A romaría de San Paio

romaria-de-San-Paio-web

Aquí, en Bañobre, o patrón era San Sebastián, pero a festa grande era a Romaría de San Paio.

Oíches, esta romaría era moita romaría de Dios. Cando era cativa, aínda estabamos na cama, e xa escoitabas vir os romeiros, dende lonxe, coas gaitas. Viñan da banda de Ferrol, viñan a varrer! Viñan en tren ata Perbes, e despois andando, polos carreiros, e veña cantes e veña gaitas.

Aquí, en Bañobre e en Viadeiro, tamén había músicos, e os coros, que cantaban. Había competencia. No San Sebastián, viñan e poñíanse aí, no campo de San Paio, a tocar, e claro, a ver quen era o que o facía mellor, se os de Bañobre ou os de Viadeiro. Tocaban pezas ben bonitas.

A romaría enchíase de xente, todo cheo por todos lados, aquilo era! Viñan pasar todo o día. A xente traía de comer, empanadas, tortillas, froita, viño, música.  Aí, onde está a fonte, do outro lado, había uvas, que xa eran moi ricas, e os da casa estaban facendo gardas, que se non comíanllas todas os romeiros. Temos aí unha fonte que bota moita auga, na das monxas. Non podías vir á auga o día de San Paio. E non podías vir coa sella, cando había a sella na cabeza, pois a fonte estaba todo o día chea de romeiros e tiñamos que ir á auga a outro lado.

Nas casas, sempre tiñamos invitadas. Encargábannos facer as bizcochadas e iamos a Miño a facelas no forno. Batías os ovos, esperabas que se fixeran, e viñas pola vía adiante, xa cargadiña con elas.

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s