A primeira luz

Eu acórdome que cando chegou a primeira luz, botaban as mans na cabeza e miraban a ver por onde viña, e dicían, vén polos arames, non pode ser.

Puxeron minicentrais eléctricas nos ríos. Coido que a primeira era en Callobre, na Ponte Ribeira. De feito, aínda está aí unha. Houbo tres, a grande, a mediana, e a pequeniña. Daban para Miño, San Pantaleón e Lambre. En Bañobre, a luz viña do Pedrido, que era aí onde estaba a fase.

En vez de contadores, tiñamos un limitador que non deixaba pasar máis. Houbo que pagar ben. Tiñas que pagar os paus para traer a luz ata a casa, e se o tramo era moi grande, pois era moi caro.

Ao principio, tiñamos tres quilovatios para tres casas, porque collían a auga dos nosos muíños. Con ese pouco, alumabas. Duraba unhas horas, nada máis. E logo, se aínda facía falta máis luz, pois tiñamos os candís de carburo e de gas, que xa os tiñamos de antes.

Acórdome de ir, á noite, andando polos camiños, e ir meu pai cun fachuzo de palla. E despois, outras veces que non había os fachuzos, quitábanlles o fondo ás botellas e metíanlle unha vela dentro, para atravesar os montes de Fonteboa.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s