Cando eramos cativas, aí na Compañía de María, na Regueira, asistimos á voda dunha monxa. A monxa chamábase Madre Amor. Casou de verdade, que non foi mentira. Aquilo para nós foi!, daquela teriamos oito ou dez anos e quedounos gravado.
Verás, o cura fixo unha cerimonia tal e como se ela estivese casando cun home. E falaba con ela, e falaba co crucifixo, miraba para ela e preguntaba, e logo dirixíase ao crucifixo, mirando cara arriba, e preguntáballe.
E logo nós contámolo na casa e non nos crían.