As comedias

Eu primeiro ía á escola en Viadeiro, e despois vin para aquí, ás monxas, no pazo de Bañobre. Este pazo era das condesas de Vigo, e deixáronllo ás monxas. As condesas deixáronlles dito que tiñan que dar de comer todos os días a non sei cantos nenos pobres de Bañobre. Primeiro, empezárono a facer, e despois, e despois facían a escola. Era soamente para nenas, iamos co uniforme e todo, eh. Viñan de Perbes, de Viadeiro, de todo por aquí, e miña filla tamén foi.

As monxas facían comedias, como teatro, logo. Ai, mi madre, e viña xente de Perbes a pilas, e saiamos nós, as alumnas. Ensaiábamos e faciamos as comedias.

Daba gusto velas, estaban ben ensaiadas, e ías todos os días alí ensaiar, e había un escenario e todo, coma un teatro, estabas aí detrás, saías, e facías teatro como se fose un teatro de verdade.

 

 

Deixar un comentario