Hai contos e contos

Eu vin cousas, pero din que non se deben contar. Hai contos e contos.

Nós estabamos nunha leira traballando, e empezaron as vacas, miña filla, a escapar, así, como se viran algo, a correr. Ai, dios mío, e morreu o tío que vivía aí embaixo, que era da familia, que traballaba con nós.

Outra cousa que me deu medo foron as zocas, cando as zocas quedaban pousadas para subir ao piso de madeira, descalzabámonos para subir, e estabas arriba e escoitabas as zocas a tocar unha coa outra. Iso sentino eu.