Novidade era todo

Novidade era todo, tamén a televisión.

Cando chegou a televisión, nós iamos á casa veciña, que daban Coros y danzas, e daba gusto de ver. E alí estabamos, ata que acababa. Logo, tamén iamos todos os veciños a aquela casa para ver Bonanza e películas de indios.

Miña avoa contaba de cando veu a televisión por primeira vez. Estaba a televisión posta e todos os da casa se puxeron a comer, e díxolle aos fillos, e nós comendo, e a esa xente non lle dicides nada.

E seica miraban por arriba, por diante e por detrás, para ver por onde falaban.

E o teléfono, sabes onde o había?, nas monxas de Bañobre. O meu marido andou embarcado, navegando, e cando me chamou un día, non sei como foi, avisáronme as monxas, vén, que te chaman por teléfono!

E se non, había que ir a Miño, á centralita, situada na rúa Barrosa, nun lugar onde sempre había xente reunida a tomar algo.

Na centralita estaban traballando as fillas dun garda civil. Así que todo o que pasaba pola centralita, pasaba por elas, e seguramente chegaba aos oídos do garda civil. Naquel tempo, cando foi da guerra, isto ben podía ser un problema para algunhas persoas.

Para poder falar con alguén, primeiro, descolgábanche, e tiñas que comunicar quen era o receptor para que marcasen e poder establecer a comunicación.

As operarias estaban ao tanto de todas as historias ou conversas, posto que mentres se realizaba unha chamada, elas escoitaban. Ademais, se non estaba a persoa coa que se desexaba falar na casa, ás veces informábanche de si escoitaran algo noutra chamada sobre onde podería estar, así como che daban o número dun veciño, para deixarlle o recado.

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s