A lavadora tamén foi boa cousa. Antes, cando se lavaba, lavábase en ríos pequeniños e en regachos, e por todos os sitios. Logo chegaron os lavadoiros, e había unha pila de mulleres, que non cabías. E logo, xa puxeron pilóns e traídas nas casas, e ata que chegou o invento.
Agora polas aldeas, bueno, xa hai uns anos para atrás, amañaron os ríos de lavar cando non se lava xa. Os lavadoiros están todos arranxadiños, e ninguén os usa.
E a min gustábame lavar, pero date conta do invento da lavadora.