O leite dos americanos

o-leite-webNon che sei moi ben porqué, pero na posguerra, os americanos mandaban queixo, manteiga e leite en po aos colexios.

En Leiro, estaba a escola das nenas, e detrás da igrexa, do outro lado da nacional, estaba a escola dos nenos. As nenas preparaban o leite e viñan o mestre e os nenos a tomalo, á hora do recreo, sobre as once da mañá.

Ao principio, aqueles pos eran unha cousa rara para nós, era un descubrimento para case todos, e había certo receo a tomalos. Non entendiamos que puideses ter un líquido en po, pero a verdade é que ao diluílo na auga, tomaba a brancura do leite e algo do seu espesor, aínda que o sabor xa era outra cousa. Había quen lle sabía máis a dos pos que a da vaca, a min non.

Eu cando era pequena levaba, coa tía, a vaca a pacer. Estaba todo limpo ata a ponte do Puzo. Ías andando ata a ponte polos anguieiros, e alí, a vaca comía boa herba.

Agora, xa son con pensos, que olen as cortes ao penso, pero antes non había pensos. Dábaslle remolacha, dábaslle patacas, melóns e o que houbese.

Cando tiña sede, poñíame debaixo da vaca. Ademais, era una vaca tan mansiña, que non te pateaba. E poñíame alí, e co teto, agarráballe o teto, e veña, xa a muxía e bebía o leite.

Aquel leite sabía! E claro, o dos americanos, daquela, para mi non era leite.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s