As mulleres do peixe

mulleres-peixe1-WEB

As mulleres sempre traballaron, na casa e fóra. Miña nai, como moitas mulleres, ía vender o peixe, e levábao nunha paxeta na cabeza, e ía camiñando polas parroquias.

Antonia, a Perica, era a vendedora que decidía a canto ía o peixe, xunto coa súa irmá Rosa. Ás veces, compraba aos boliches, e cando non había peixe aquí, en Miño, a Perica ía na súa lanchiña, a Habanera, a compralo a Sada. Falaba cos mariñeiros, amañaba con eles o prezo e logo vendíallo ás outras mulleres, que ían distribuílo polos distintos lugares e parroquias.

Por Perbes, ían Remedios de Ribeira, a señora María, que era a Reina, e a Sarmenta. Outra Sarmenta ía por San Pantaleón e Insua. Pepe e Rosa ían por Bemantes. A Portuxesa, por Carantoña. Rosa a Carroucha, Rosa a Serrana, e Lola a Canteira, esas todas ían por Leiro.

Carmen subía para o Tres, e tamén estaban María a Serrana, Pepita, a Fura, e mais a Lagarta, e algunhas outras máis. Seguro que non me lembro de todas.

De Miño, ían para Leiro, e levaban pescado ata Carantoña, Trasdoroña, e despois traían maínzo, ou patacas, ou traían algunha outra cousa para comer. O que non podía pagar en cartos, pagáballe en patacas, en trigo, ou cosas así.

Miña avoa tamén compraba no boliche e logo ía para Insua vendelo. Acórdome cando viñan a Bañobre buscar o peixe, alí, co paxe, e collían xurelas e salgábanas, non sabes?

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s