A cova de Manolo

Son moitos os recordos que Manolo, un veciño de Miño, ten da súa infancia. Para el foron tempos difíciles, pois con apenas dez anos tiña que vivir nunha época de guerra e miseria, e aínda que non é o ideal de vida de calquera neno, contoume que sempre había algunha cousa boa que lle alegraba o día. Aquela tarde de verán, encontreime con Manolo pola rúa e decidiu contarme unha historia da que non falaba moito.

Databa o ano 1950, probablemente durante o mes de agosto, nesa época facía moita calor e os rapaces, aparte de axudar na casa, tamén saían e ían á praia da Ribeira. Alí, adoitaban meterse na auga, correr, xogar coa area e unha chea de cousas máis.

Pero o que máis lles gustaba era cando se acercaban as sete da tarde e, antes de ir para a casa e que rematase aquel día fantástico, xogaban ás agochadas. Pensei que sería aquel xogo ao que nós estabamos acostumados a xogar, pero o que Manolo me contou deixoume abraiada.

Cando se reunían todos no principio da praia da Ribeira, establecían uns límites, un certo tempo e se o que pandaba non os atopaba, todos sairían do seu escondedoiro.

Aquela tarde, Manolo decidiu agocharse máis lonxe dos demais e rematou preto de Ponte do Porco. Alí atopou unha enorme cova da que nunca na vida oíra falar.

Case sen decatarse, pasou o tempo e os amigos saíron na súa procura, posto que era o último por encontrar.

Encontrárono sumido nun profundo sono. Quedara durmido, e ao espertar, contoulles o plan que tiña para aquela cova. Sería o refuxio perfecto para a panda de amigos, alí vivirían grandes aventuras.

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s