Tardes en Sombreu

Polo ano 85, os nenos e nenas de Sombreu entre oito e catorce anos, cando saiamos da escola e rematabamos de facer as tarefas, colliamos as nosas bicicletas e iamos ata o polideportivo. Alí, xuntabámonos todos os nenos e as nenas da parroquia, e moitas veces subían de Miño, xa que daquela non tiñan polideportivo.

Normalmente, andabamos en bicicleta nas pistas ou faciamos circuítos con madeiras e demais para despois percorrelos coa bicicleta.

Pero non só nos adicabamos a andar na bicicleta, tamén iamos ao Mirador do Curuto, onde había unhas árbores e iamos saltando dunha a outra. E unha vez, ata fixemos unha cabana con cortizas de eucaliptos.

Tamén faciamos carrilanas de madeira, e logo xuntabámonos e tirabámonos nelas polas costas abaixo.

De vez en cando, xuntabámonos ao redor de vinte nenos e nenas, e xogabamos ás escondidas por toda a aldea. Quen apandaba facíao na Capela de San Xoán de Sombreu, e o resto agochabámonos por Sombreu adiante. Temos xogado toda a tarde nunha mesma partida, pola difilcultade que supoñía xogar nunha zona tan extensa.

No verán, xuntabámonos na marquesiña de Sombreu e baixabamos andando ata a praia. Iamos por xunto o Convento da Regueira, chegabamos a onde hoxe están as pistas deportivas da Galea e seguiamos polo carreiro que chega á fonte de Rabazal. Alí había unha árbore de pexegos e parabamos a comer un par deles. Despois, cruzabamos a vía do tren para chegar a Telle, onde volviamos parar para beber na fonte. Logo, seguiamos camiñando polas fragas que se atopan a carón das marismas, chegando á praia. Pasabamos na ría toda a tarde, xuntabámonos cos rapaces e rapazas das outras parroquias e con algúns e algunhas veraneantes de Madrid e Lugo, que todos os anos viñan a Miño. Moitas veces cruzabamos a ría para ir á praia das Vacas ou tirabámonos de cabeza á auga dende as rochas. Antes de que anoitecese, subiamos de novo para Sombreu, polo mesmo camiño que antes.

Hoxe en día, xa non hai tantas rapazas e rapaces na aldea, nin se xuntan como o facían trinta anos atrás.

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s