O recheo da Marisma

Aí polo 1975, o equipo de goberno do Concello de Miño cría que as Marismas de Miño era un bo terreo para construir un campo de fútbol e unha escola, entre outras cousas. De modo que comezaron a reencher as marismas co propósito de conseguir un terreo edificable.

O lugar exacto é o terreo situado detrás da rotonda que se atopa ao final da rúa das Marismas, co camiño de Santiago a un lado e Telle ao outro. Detrás desa rotonda está a entrada da autoestrada e, cubertas por unha ponte, as Marismas de Miño.

Veciños e veciñas de Miño opuxémonos a esta idea, e paramos os camións dos obreiros, xuntándonos para non deixarlles paso. Botamos alí moito tempo. Encargabamos empanadas e tortillas para as persoas que permanecían alí. Outra das estratexias que fixemos foi volver a cultivar ameixas, para que visen que na marisma había moita vida, e tamén marisco, e non podían encher por riba de tanta vida. De feito, antes, moita xente cultivaba ameixas alí, ata que se prohibiu.

Ao final, a protesta veciñal triunfou, as marismas continuaron intactas e os cartos que a Xunta asignara para facer a obra foron parar a Sada, onde se construíu o actual campo da festa, situado no paseo marítimo, e tamén un parque.

Dende aquí, agradezo á veciñanza do meu pobo aqueles momentos cruciais para manter este espazo natural, coñecido como as Marismas. Hoxe en día é un espazo protexido.

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s