Na escola da Regueira, a das moxas, había dúas tartarugas enormes, estaban debaixo da galería. Tiñamos mandís de raias vermellas. As nenas doutra mestra, tíñanos verdes. Diferenciabámonos por iso. As que ían de particular, non levaban mandilón. Na escola de Leiro, tampouco o levaron nunca.
Miña nai traballaba na terra, ía ao marisco, ía a todo. Teño algún luns ido sen mandilón para o colexio, e as señoras monxas facíanme volver a Telle a buscar o mandilón e subir pra arriba con el. Dicíalles eu, á miña nai non lle deu tempo a lavalo e está mollado.
Pois tráelo mollado, dicíanme. E dende a Regueira, a Telle.