O libro

IMG_8315-WEB

Producido pola Asociación RuralC.

Escrito por Vanesa Castro e Iñaki López.

Maquetación, deseño, e ilustracións por Iñaki López.

Edición por Vanesa Castro.

Coa colaboración de Lourdes Rodríguez Freire.

No libro pódense atopar historias sobre a cultura, o patrimonio etnográfico, antropolóxico e natural, as praias, a ría, o mar. Sobre o xeito de vivir da xente antigamente, os hábitos, os oficios e os traballos, as crenzas, os animais e os cambios sociais e tecnolóxicos.

O libro publícase nunha edición de 150 exemplares. Dos cales regálanse uns 50, repartidos entre as persoas e familias que participaron directamente, os centros sociais de cada unha das parroquias, asociacións veciñais, como a asociación de amas de casa de Miño ou a asociación de veciños a Irmandade, de Bemantes. Tamén regálase as Bibliotecas Municipais (de Miño e Pontedeume), Biblioteca Nacional, Biblioteca de Galicia, Depósito legal, e outras entidades.

Os demais están a venda contactando coa asociación, ou nas librerías de Miño, Betanzos e Pontedeume, a partires do día 28 de Setembro de 2019.

Se estás interesada en adquirir un libro, contacta por mail con hola@ruralc.com